Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 30017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia unha nova convocatoria para a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración sucesiva de lentes intraoculares, viscoelásticas e packs de material para a intervención de cataratas e vitrectomías e o arrendamento sen opción de compra do equipamento necesario para a realización das ditas intervencións cirúrxicas no Hospital Universitario Lucus Augusti (MS-CHX1-11-015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). Rúa Doutor Ulises Romero, 1, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo 27003.

4) Teléfono: 982 29 60 47.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: alvaro.lage.mouriz@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-CHX1-11-015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: lentes intraoculares, viscoelásticas e packs de material para a intervención de cataratas e vitrectomías e o arrendamento sen opción de compra do equipamento necesario para a realización das ditas intervencións cirúrxicas (que implica igualmente o seu mantemento) para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

2) Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33731110-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 814.915,33 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 543.276,89 euros.

Importe total: 588.234,96 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: wvéxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 10 de agosto de 2012.

Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral no 2º andar do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar para presentaren ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección-Xerencia no 3º andar do Hospital Universtiario Lucus Augusti. Rúa Doutor Ulises Romero, 1.

c) Localidade: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de xullo de 2012.

12. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 25 de xuño de 2012

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo