Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de xullo de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00121-O-2012).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución que o xefe territorial ditou no expediente sancionador instruído por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do 25% do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Ourense, 5 de xullo de 2012

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00121-O-2012

OU-7403-V

Garda Civil 3203 V46236Y

José Manuel Requejo González

34989463T

Noriega Varela, 6-2º D

32004 Ourense

Exceso de peso sobre a mma superior ao 6% ata o 15%, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 9%

9.12.2011; 11.08; S52; 0181,000

Art. 142.2 LOTT

art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT,

art. 201.1.c) ROTT

331 euros