Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2012 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato de servizos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://agasp.xunta.es/galego/contrataciones/

2. Obxecto, orzamento, tramitación e adxudicación dos contratos.

Servizo de limpeza das instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública.

1. Tipo e descrición do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: prestación do servizo de limpeza das instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (CPA: 81.21 e CPV: 90911200-8).

c) Boletín e diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 51, do martes, 13 de marzo de 2012.

2. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: oridinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 100.000,00 euros. IVE: 18.000,00 euros. Importe total: 118.000,00 euros.

4. Adxudicación.

a) Data: 18 de xuño de 2012.

b) Contratista: Valoriza Facilities, S.A.U. (A83709873).

A Estrada, 9 de xullo de 2012

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública