Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29754

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riotorto

ANUNCIO de información pública sobre construción dunha fosa de xurro.

Alberto Pacio Otero solicitou desta alcaldía licenza municipal para construción dunha fosa de xurro en Aldurfe, parroquia de Aldurfe, e en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial de la provincia e no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

Riotorto, 19 de xullo de 2012

Federico Xosé Gutiérrez Estoa
Alcalde