Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29636

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 11 de xullo de 2012 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais desta consellería.

Convocada, pola Orde do 20 de febreiro de 2012 (DOG nº 53, do 15 de marzo de 2012), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 20 de febreiro de 2012 (DOG nº 53, do 15 de marzo de 2012).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso- administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2012

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Boado Rial, María Jesús.

DNI: 33243716-E.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Posto de traballo: xefe do Servizo de Documentación, Publicacións e Estudos.

Código do posto: SA.C02.00.001.15770.012.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.