Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de información pública sobre varios proxectos técnicos.

De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense a información pública os seguintes proxectos técnicos:

– Proxecto de balsa para almacenamento de sandach na parroquia de Lapío, lugar de Lapío; a súa promotora é María del Carmen Iglesias Moscoso.

– Proxecto de construción de estabulación semilibre para gando vacún de carne, parroquia de Anseán, lugar da Portela, o promotor é Ganadería Portela, S.C.

Aquelas persoas que se consideren interesadas poderán examinalos nas dependencias municipais, en horario de oficina, durante un prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio, que se realizará nos seguintes medios: Boletín Oficial da provincia de Lugo, Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

O Corgo, 28 de xuño de 2012

José Antonio Ferreiro González
Alcalde