Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de xullo de 2012 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU3/64/2011-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio do destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Teolindo Fortes López, no expediente núm. IU3/64/2011-R1 en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 9 de maio de 2012, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras promovidas por José Antonio Fortes López consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de uso residencial no lugar de Fontao, parroquia de Belesar, no termo municipal de Chantada.

O expediente mencionado encóntrase ao dispor do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispoñerá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que coide procedentes.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRJPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística