Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29422

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de farmacéutico inspector de saúde pública, relativo á publicación do cadro definitivo de respostas e das puntuacións provisionais do segundo e terceiro exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG número 149, do 5 de agosto).

Na sesión que tivo lugar o día 13 de xullo de 2012, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de novembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos (DOG número 230, do 1 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na clase de farmacéutico inspector de saúde pública, convocado pola Resolución da Dirección de Recursos Humanos do 27 de xullo de 2010 (DOG número 149, do 5 de agosto), e de conformidade co disposto nos números 6 e 7 da base sexta,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar o cadro definitivo de respostas e as puntuacións provisionais do segundo e terceiro exercicios da fase de oposición obtidas polos aspirantes presentados á clase de farmacéutico inspector de saúde pública.

Segundo. Anular con base nas alegacións presentadas as preguntas números 8, 11 e 45 do segundo exercicio, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva números 46, 47 e 48, respectivamente.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. Os cadros definitivos de respostas, as listaxes de puntuacións provisionais, así como a argumentación das anulacións das preguntas 8, 11 e 45 poderanse consultar na páxina web do Servizo Galego de Saúde e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Quinto. De existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida, os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal, no prazo de cinco días hábiles seguintes a esta publicación. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas do segundo e terceiro exercicios de oposición.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012

Ramón Martínez Blanco
Presidente do tribunal