Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se modifica a Resolución do 11 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, da obra do proxecto construtivo área de usos recreativos PS-5 do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar.

No Diario Oficial de Galicia número 137, do 18 de xullo de 2012, publicouse a Resolución do 11 de xullo de 2012 pola que se anunciaba a licitación para a contratación, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, da obra do proxecto construtivo área de usos recreativos PS-5 do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar.

Na cláusula 3.6.1. relativa aos criterios de valoración de ofertas do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta contratación, sinálase que o factor K «se fixa no cadro de características». Advertido que o dito factor K non está definido no cadro de características,

RESOLVO:

1. Proceder á rectificación da letra R do cadro de características e engadir o valor do factor K=1.

2. Mantense o resto do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Dado que este anuncio modifica o prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación de ofertas finalizará o décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas