Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores LU-15/2011 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo; Edificio Administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 29 de xuño de 2012

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S.LU-15/2011.

Interesado: Fernando Miguel Arias.

Último enderezo coñecido: rúa do Poste, 1, 1º A 4, Rubián, Bóveda, Lugo.

Acto de notificación: proposta de resolución do expediente sancionador.

Expediente: E.S.LU-5/2011.

Interesado: Juan Alberto Martínez Lagares.

Último enderezo coñecido: O Pedregal, 9, 2º B, Viveiro.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: E.S.LU-39/2012.

Interesada: Mercedes Rivera González.

Último enderezo coñecido: rúa Santiago, 6, 5º A , Monforte de Lemos.

Acto de notificación: inicio do expediente sancionador.