Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación e adecuación da fortaleza de Monterrei, primeira fase, municipio de Monterrei (Ourense), cofinanciado con fondos Feder (80%) e fondos FCI (20%).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Secretaría Xeral para o Turismo.

Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo, aberto con pluralidade de criterios.

Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución de obra de rehabilitación e adecuación da fortaleza de Monterrei, primeira fase, municipio de Monterrei (Ourense), cofinanciado con fondos Feder (80%) e fondos FCI (20%).

Prazo mínimo de execución aceptable: 40 (corenta) días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 119.200,00 €.

IVE (18%): 21.582,00 €.

Importe total: 141.482,00 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados no Servizo de Contratación da Secretaría Xeral para o Turismo.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado,jsp?N=66

Información de índole técnica; teléfono: 981 54 62 25.

Información de índole administrativa; teléfono: 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista:

Non se require clasificación.

Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo (praza de Mazarelos 15, 15703 Santiago de Compostela), en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Turismo na data e na hora que serán anunciadas, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é de 10,82 €.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012

Mª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo