Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29219

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pol

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de gando vacún.

José Lence Abuín solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación e mellora de explotación de gando vacún de leite na parcela 287, polígono 126, en Baílle, Suegos, o que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de 20 días para os efectos de alegacións que os interesados consideren oportunas.

Pol, 10 de xullo de 2012

Lino Rodríguez Ónega
Alcalde