Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29222

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio , Industria e Navegación de Vigo

ANUNCIO do 21 de xuño de 2012 polo que se convocan axudas a pemes dentro do Programa de accións complementarias no período 2007-2013.

O Consello Superior de Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de España, xunto coas cámaras de Comercio de Galicia poñen en marcha o Programa de accións complementarias de iniciación cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polas cámaras de Comercio, no marco do Programa operativo de Galicia no período 2007-2013.

Este programa persegue servir de apoio á internacionalización, axudar a mellorar a competitividade e o fortalecemento empresarial.

Dentro das accións complementarias inclúense aquelas accións consistentes en encontros de cooperación empresarial, proxectos especiais de interese para as pemes e foros de pemes potencialmente exportadoras e/ou exportadoras que se adecuen ao obxecto de contribuír á internacionalización da pemes españolas.

O prazo para a presentación de solicitudes será o específico que se indique na convocatoria de cada acción concreta que se desenvolva con cargo ao período de programación Feder 2007-2013 e que será publicada nas webs das cámaras de Comercio de Galicia nos enderezos que figuran ao final da presente convocatoria.

O texto completo desta convocatoria está á disposición das empresas na sede das secretarías técnicas das cámaras de Comercio da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, pode consultarse a través das web das devanditas cámaras no seguinte enderezo:

www.camaracoruna.com www.camaraferrol.org www.camaralugo.com

www.camaraourense.com www.camarapontevedra.com www.camaratui.com

www.camaravigo.com www.camaravilagarcia.com

Vigo, 21 de xuño de 2012

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral accidental da Cámara de Comercio de Vigo