Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2012/45-2, 8013 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Gescón Actuación, S.L.

Domicilio social: r/ Azalea, nº 3, entreplanta, 27004 Lugo.

Denominación: LMTS de 20 kV, CT prefabricado de 630 kVA compacto e acometida RBT a edificio de trinta e tres vivendas.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV con orixe nunha cela proxectada no centro de seccionamento Reinante (G. Cao 13204) e final no CT proxectado (Gescón), cunha lonxitude de 200 metros en condutor tipo RHZ-240 mm.

• CT en edificio prefabricado tipo miniblock, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de trafo, potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230V.

• RBTS con orixe no CT proxectado e final na BTV do edificio que se vai electrificar cunha lonxitude de 3 metros en condutor tipo RV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 20 de xuño de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo