Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Calvo Conservas, S.L.U. para a fabricación e comercialización de conservas a partir de produtos do mar no concello de Carballo, A Coruña. (Clave do expediente 2012-IPPC-I-14).

Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada para as instalacións que Conservas Calvo, S.L.U. ten no concello de Carballo, co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes. A documentación que se expón será:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Calvo Conservas, S.L.U. situadas en Carballo (A Coruña).

O antedito documento estará á disposición dos interesados en horario de atención ao público nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n - 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental (rúa de Vicente Ferrer, 2; 15008 A Coruña).

• Concello de Carballo (Praza do Concello s/n; 15100 Carballo).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental