Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infracción da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (ANP-CO-0034/2012-V e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron acordados polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo de Monelos, 5ª planta, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 27 de xuño de 2012

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANP-CO-0034/2012-V.

Denunciado: Francisco López García.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0036/2012-V.

Denunciado: José Luis Díaz García.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0037/2012-V.

Denunciada: Melania López Flórez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.