Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (García Ríos, Isabel e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio empránzase os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia do acto administrativo derivado do procedemento que se indica.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de xullo de 2012

Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

Órgano tramitador

Procedemento

NIF/CIF

Nome

35380665H

García Ríos, Isabel

SI

ISD

Acta de desconformidade e informe ampliatorio

Exercicio 2008

Acta A02 54/2012/00059-0085

35380665H

García Ríos, Isabel

SI

ISD

Acordo de inicio-proposta de resolución (sanción)

Exercicio 2008

Sanción 54/2012/00075

A36915676

Montajes Eléctricos Mein, S.A.

SI

ITPAXD

Inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación

Protocolo 1565

Exercicio 2008

Órganos tramitadores:

SI: Servizo de Inspección

Procedemento:

ISD: imposto de sucesións e doazóns

ITPAXD: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados