Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28813

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2012 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada a Ana Isabel Ares Pernas.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 11 de abril de 2012 (BOE do 27 de abril), para a provisión da praza número 12/015, de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada, Departamento de Física desta universidade, a favor de Ana Isabel Ares Pernas, con DNI número 32675705-L, e unha vez que a interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana Isabel Ares Pernas profesora titular de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada, Departamento de Física desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición, perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se producise a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 2 de xullo de 2012

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña