Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas número 11150036/2009 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 11150036/2009, 11150048/2009, 11150092/2009, 11150143/2009, 11150147/2009, 11150154/2009 e 11150164/2009 (Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación da resolución, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que xulguen conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150036/2009.

Interesado: Manuel Grille Canosa.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos, 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150048/2009.

Interesado: Jesús Costa Viga.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos, 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150092/2009.

Interesado: Benedicto Fuciños Buján.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos, 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150143/2009.

Interesado: Manuel Domínguez Agulleiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos, 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150147/2009.

Interesado: Juan Carlos Pereira Ogando.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos, 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150154/2009.

Interesada: Celia Zubiela Canosa.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos, 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150164/2009.

Interesado: Antonio Lado Rios.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos, 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).