De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula a Vector Plus, S.L. o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 19 de abril de 2012, que fixa o prezo xusto do predio 2115 sito en Teo relativo ao proxecto 00158, expediente 2010/001759, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición, impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00158-Vía de alta capacidade alternativa C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela. Clave: AC/99/073.01. TM Teo e Santiago.
Nº expediente: 2010/001759.
Empresa que se notifica: Vector Plus, S.L.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Expropiado: Vector Plus, S.L.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Predio: 2115.
Concello: Teo.
Provincia: A Coruña.
Valoración resolución do xurado: 34.375,53 €.