Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28673

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN 3/2012, do 2 de maio, da Xerencia Executiva do Hospital de Verín, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto vacante de xefe/a da Sección de Radioloxía.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro), logo de autorización da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 13 de marzo de 2012 e logo de comunicación á Comisión de Centro o 22 de marzo de 2012,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de avaliación colexiada, un posto vacante de xefe/a da Sección de Radioloxía.

As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital de Verín e na páxina web do Servicio Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro Xeral do Hospital de Verín, sito na planta baixa, dirixidas á xerente executiva do Hospital de Verín, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Verín, 2 de maio de 2012

Guillermina Agulla Budiño
Xerente executiva do Hospital de Verín