Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo P.O. 794/2011 interposto polo Colexio Oficial de Médicos de Lugo.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1ª, tramítase o recurso 794/2011 (procedemento ordinario), interposto polo Colexio Oficial de Médicos de Lugo contra a Resolución do 13 de xullo de 2011, pola que se procede a publicar a Orde do 6 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde (publicada no Diario Oficial de Galicia nº 144, do 28 de xullo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

(Por delegación de sinatura do 22 de xuño de 2012)
Mercedes Castro Seijas
Subdirectora xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional