Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación da obra do proxecto construtivo área de usos recreativos PS-5 do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar na ETEA en Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17783

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

a) Número de expediente: 28/2012 U.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra do proxecto construtivo área de usos recreativos PS-5 do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar na ETEA en Vigo.

c) Lugar de execución/entrega: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución/entrega: dous meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45233330-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: para a valoración das proposicións terase en conta o baremo de puntuación a que fai referencia o punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 641.076,17 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 641.076,17 €; importe total: 756.469,88 €.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 32.053,81 € (5% do presuposto de licitación, excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G; subgrupo 6; categoría d.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: un mes contado desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en oito días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2012

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas