Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28668

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector médico, relativo á publicación das puntuacións provisionais do terceiro e cuarto exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG número 149, do 5 de agosto).

Na sesión que tivo lugar o día 9 de xullo de 2012, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de novembro de 2011 da Dirección de Recursos Humanos (DOG número 230, do 1 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector médico, convocado pola Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 27 de xullo de 2010 (DOG número 149, do 5 de agosto), e de conformidade co disposto nos números 6 e 7 da base sexta,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais do terceiro exercicio da fase de oposición acadadas polos/as aspirantes presentados á clase de inspector médico.

Segundo. Publicar o cadro definitivo de respostas e as puntuacións provisionais do cuarto exercicio de oposición.

Terceiro. Os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal, nos termos establecidos no número 7 da base sexta, e na base oitava da convocatoria. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas do terceiro e cuarto exercicio de oposición.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal