Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 26 de xuño de 2012 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2010001514 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00158, Vía de alta capacidade alternativa C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela. Clave: AC/99/073.01. TM Teo e Santiago.

Concello: Teo.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

José Castro González

José Castro González

Hros. Josefa Iglesias Otero

Hros. Purificación Gómez Fraga

Gerardo Moure Abelleira

José Luís Vázquez Dopazo

José Luis Vázquez Dopazo

José Luis Vázquez Dopazo

Gerardo Moure Abelleira

Manuel Romero González

Jesús Cortizo Miras

José Girón Rodríguez

José Luis Vázquez Dopazo e outra

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

19.4.2012

2010001514

2010001560

2010001732

2010001747

2010001748

2010001754

2010001755

2010001756

2010002699

2010004905

2011000315

2011000316

2011000317

1126

1172

3095

2069

2108

2092-/02

2092-A

2092-A/1

2111

2045

2122 A

3222, 3222 CO

3349

57,33

204,75

1.758,50

1.236,78

1.924,92

50,09

286,65

86,00

7.414,95

1.566,05

2.385,62

37.896,66

57.586,02