Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1275/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1275/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o vinte e cinco de maio de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) desta cidade, os autos número 1275/2009, promovidos por instancia de Alberto Luis Pose Gómez e Manuel Castro Seoane, representado polo seu letrado Sr. Páramo Sureda, e contra a empresa JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por Alberto Luis Pose Gómez e Manuel Castro Seoane, representado polo seu letrado Sr. Páramo Sureda, e contra a empresa JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao Sr. Pose a cantidade de 242,07 euros e ao Sr. Castro a cantidade de 468,37 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial