Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de limpeza dos centros hospitalarios e do arquivo de documentación clínica (AB-ASF1-12-008).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfonos: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-12-008.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: limpeza dos centros hospitalarios e do arquivo de documentación clínica.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

– Valoración técnica do proxecto: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 40 puntos.

– Achega de melloras adicionais: ata 10 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 6.508.474,59 €.

b) IVE: 1.171.525,41 €.

c) Importe total: 7.680.000,00 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: grupo U, subgrupo 1, categoría d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 17 de agosto de 2012.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (de ser o caso): 27 de xuño de 2012.

11. Outras informacións: portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos, perfil do contratante:
www.sergas.es

Ferrol, 20 de xuño de 2012

P.D. (Orde 28.9.2011, DOG nº 188, do 30 de setembro)
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol