Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2012/24-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT Bodega, Godeval.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas:

– LMT aérea a 15 kV de 22 m, con condutor LA 56/54,6 mm2, e orixe na LMT existente BDV705 A Rubiana-Covas, entre o CT Covas e o CT Veigamuíños e remate na LMT existente ao CT canteiras Cedie.

– LMT aérea a 15 kV de 104 m, con orixe na LMT existente a canteiras Cedie e remate no CT proxectado intemperie Bodega Godeval de 160 kVA e R/T 15.000/400-230 V.

Orzamento: 25.552,39 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de xuño de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense