Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Peroxa (expediente IN407A 2012/27-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Outeiro, Vilarrubin.

Situación: A Peroxa.

Descricións técnicas:

– LMT aerosubterránea, a 20 kV de 15 m en aéreo, con condutor LA-56, con orixe na LMT existente ao CT Cinconogueiras (32AA09) e 724 m en subterráneo con condutor RHZ1 e remate no CT rural proxectado Pousa de 166 kVA e R/T 20.000/400-220 V.

– LMT aérea ao CT existente aéreo Melle (32AA08).

– RBT aereosubterránea de 770 m en aéreo con condutor RZ e 35 m en subterráneo con condutor XZ1, derivada do CT proxectado.

– RBT aéreo de 710 m con condutor tipo RZ derivada do CT existente Cinconogueiras.

Orzamento: 166.004,58 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 21 de xuño de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense