Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á autorización ambiental integrada outorgada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á autorización ambiental integrada concedida a Nutrimentos Deza, S.A., para a granxa que se relaciona no anexo seguinte e que se pode consultar no seguinte enderezo: http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2819 ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Resolución do 21 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que outorga a autorización ambiental integrada a Nutrimentos Deza, S.A., para a ampliación e reforma da explotación porcina Cruces, sita no concello de Vila de Cruces (Pontevedra). Clave: 2011-IPPC-I-11, nº de rexistro: 2011-IPPC-11-257.