Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28441

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración galega,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Universidade de Santiago de Compostela para a publicación da Revista galega de economía do ano 2012, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

24.000 €

25.4.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e o Concello da Estrada para a asunción pola consellería da recadación en vía executiva dos tributos e calquera outro recurso de dereito público de que sexa titular o concello

Sen achega económica

10.1.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e o Concello de Carballeda de Avia para a asunción pola consellería da recadación en vía executiva dos tributos e calquera outro recurso de dereito público de que sexa titular o concello

Sen achega económica

9.3.2012