José Roberto Pena Gigirey, solicitou nesta Alcaldía en representación de Avermiosa, S.C., licenza municipal para a mellora de explotación de gando vacún leiteiro consistente na construción de corte libre e dúas balsas para o xurro en Reboredo-Buxán. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, a fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG–, poidan examinar o expediente na secretaría deste Concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.
Val do Dubra, 25 de xuño de 2012
Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde