En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1.1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
1.2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obras.
b) Descrición: restauración da igrexa de Santa Cruz de Terroso, no concello de Vilardevós (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80%), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
1.3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: negociado sen publicidade.
1.4. Orzamento base de licitación: 147.600,00 €, IVE excluído. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.
1.5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 21 de xuño de 2012.
b) Data de formalización do contrato: 25 de xuño de 2012.
c) Contratista: Construcciones Orega, S.L.
d) Importe de adxudicación: 127.836,36 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012
P. D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria