1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 27 87.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: AB-SER1-12-028.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración de capacidade de almacenamento e backup do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: tres meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
|
Solución técnica backup |
0 - 35 |
Solución técnica almacenamento |
0 - 10 |
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
|
Oferta económica |
0 - 40 |
Ampliación almacenamento |
0 - 15 |
4. Valor estimado dos contratos: 158.000 euros.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 158.000 euros. Importe total: 186.440 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 das follas de especificacións.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida no número 19 da folla de especificacións, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.
b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.
Outras informacións: o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico nun 70%. Eixe 1, tema prioritario 2.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos