Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28328

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector farmacéutico, relativo á publicación das puntuacións provisionais do terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado por Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG número 149, do 5 de agosto).

Na sesión que tivo lugar o día 27 de xuño de 2012, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de novembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos (DOG nº 230, do 1 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector farmacéutico, convocado por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 149, do 5 de agosto), e de conformidade co disposto nos números 6 e 7 da base sexta, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais do terceiro exercicio da fase de oposición acadadas polos/as aspirantes presentados á clase de inspector farmacéutico.

Segundo. Os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal nos termos establecidos no número 7 da base sexta da convocatoria. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola cal se publiquen as puntuacións definitivas do terceiro exercicio de oposición.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012

Luis Cadórniga Valiño
Presidente do tribunal