De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco, Recadación Xunta, modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001, de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberán empregar os impresos normalizados que lles serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avda. da Habana, nº 79, 2º, de Ourense.
Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
Ourense, 6 de xullo de 2012
Luis Menor Pérez
Secretario territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-E-21/12.
Denunciada: Doris Adriana Durán Yepes.
NIF: 34297390C.
Establecemento: Kalúa.
Enderezo: rúa Eloy Barrios, nº 27-29, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto.
Sanción: 150 euros.
Número de expediente: OU-E-35/12.
Denunciada: Camila Beatriz Varela de Andrade.
NIF: Y1774378B.
Establecemento: Seven.
Enderezo: rúa Alameda, 17, Verín (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto.
Sanción: 90 euros.