Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28174

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública de solicitude de licenza de centro verde.

Este concello tramita licenza municipal de apertura dun establecemento dedicado a centro verde na rúa 4 do polígono industrial deste municipio, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 2 de xullo de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde