Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28164

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre o acondicionamento dun local para venda de produtos zoosanitarios e fitosanitarios no Espiño-Filgueira (expediente 6842/12).

José Luis Bueno Peiteado (expte. 6842/12) presentou neste concello solicitude de licenza para o acondicionamento dun local para venda de produtos zoosanitarios e fitosanitarios no lugar do Espiño 43, Filgueira, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formulen os interesados as alegacións que xulguen convenientes.

Lalín, 14 de maio de 2012

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde