Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de prestación de servizos deportivos, culturais e asistenciais deste concello.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante.www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2012/036.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizos deportivos, culturais e asistenciais do Concello de Oroso, dividido en 4 lotes.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo de execución: desde o 1 de setembro de 2012 ao 31 de agosto de 2013.

e) Admisión de prórroga: poderase acordar unha prórroga polo seguinte período: desde o 1 de setembro de 2013 ao 31 de agosto de 2014.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 92000000-1, 92300000-4, 92331210-5, 92600000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: os prezos unitarios euros/hora/actividade de monitor, IVE excluído, segundo a clase ou categoría en que estea encadrada a actividade no anexo técnico:

1) Categoría A: 40 euros/hora/actividade de monitor, IVE excluído.

2) Categoría B: 30 euros/hora/actividade de monitor, IVE excluído.

3) Comida: 7 euros/alumno (lote 3).

4) Almorzo: 4 euros/alumno (lote 3).

O importe máximo de licitación, incluídas as prórrogas, é de 148.480,00 euros, máis 26.726,40 euros de IVE, dividido en 4 lotes.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 178.176,00 euros.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase o artigo 4 do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil de contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 2 de xullo de 2012

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde