Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Bio Mixto, S.L.
Domicilio social: r/ Doctor Jaime Colom 45, 07340 Alaró (Mallorca).
Denominación: proxecto básico de xeración eléctrica mediante ciclo orgánico rankine (ORC) a partir de biomasa HIHRIDA. Grupos b.6 e b.8 (2.000 kW).
Situación: Boimorto.
Características técnicas:
• Planta de biomasa, basada nunha caldeira de combustión que utiliza como combustible biomasa procedente de cultivos enerxéticos (subgrupo b.6.1) cun 80%. Biomasa procedente de instalacións industriais (subgrupo b.8.1) cun 10% e biomasa procedente de instalacions industriais do sector agrícola cun 10%.
• Obra civil consiste na urbanización da parcela, construción dunha estrutura formada por piares e cuberta e cerramento, acollerá a caldeira, a acumulación, silo e a dotación de servizos de auga, subministración eléctrica contra incendios.
• A xeración de vapor realizarase mediante caldeira de vapor acuotubular que permitirá o aproveitamento do calor obtido na combustión da biomasa para xerar 10,20 t/h de vapor sobrequentado a 42 bar(a) de presión e 420 ºC de temperatura. A potencia térmica neta da caldeira é de 6.734.465 kcal/h está composta polo sistema de almacenamento e alimentación de biomasa, cámara de combustión, sobrequentador, economizador, prequentador de aire, condensador de 0,08 bar(a). A expulsión dos gases á atmósfera realizarase mediante cheminea metálica e cilíndrica de 25 m de altura, provista de válvulas para conexión de sistemas de toma de mostras portátiles.
• Turboxerador formado por turbina de dúas etapas, condensador de vapor, depósito de condensados e a bomba de presión. A turbina está composta de dúas etapas e conectado a un alternador síncrono cunha potencia de 2.511 kVA, 6.300 V, 50 HZ, 1.500 rpm, factor de potencia de 0,8 refrixeración por aire.
• Subestación transformadora equipada con dous transformadores de 12,50 MVA e relación de transformación 20/6,3 kV, celas de media tensión. Transformador de servizos auxiliares de 400 kVA e grupo electróxeno de 200 kW, a modo de subministración de emerxencia para producir electricidade.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 5 de xuño de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña