Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe a Iberoamérica, é necesario prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.
Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único
Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Iberoamérica, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 13 de xullo ata o seu regreso, ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Santiago de Compostela, doce de xullo de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente