Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 83/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007-A Coruña.

Denominación: proxecto de L.M.T.S. cambio de sección SMR-704.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea C.T. Espartero -C.T. Cotogrande, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,540 km, coa orixe na cela de liña existente en C.T. Espartero (expediente 9.323), condutor tipo R.H.Z.1, e final en empalmes proxectados na L.M.T.S. SMR-704 tramo a C.T. Joane (expediente 297/04) con entrada e saída no C.T. Cotogrande (expediente 27.539).

Liña eléctrica de media tensión subterránea C.T. Cotogrande-C.T. Joane, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,360 km, coa orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. SMR-704 tramo a C.T. Cotogrande (expediente 27.539), condutor tipo R.H.Z.1, e final en empalmes proxectados na L.M.T.S. SMR-704, tramo a C.T. Joane (expediente 297/04).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071-A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña