Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.
Datos da solicitude |
|
Empresa solicitante |
Gas Galicia SDG, S.A. |
Data da solicitude |
4 de xuño de 2012 |
Contido da solicitude |
Autorización administrativa |
Tipo de instalación |
Rede de distribución de gas natural |
Denominación do proxecto |
Proxecto de autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal do Rosal (Pontevedra) |
Núcleo de poboación da rede |
O Rosal (Pontevedra) |
Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:
• Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Gas Galicia SDG, S.A.
• A empresa Gas Galicia SDG, S.A. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.
O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2012
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas