Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 26 de xuño de 2012, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento aos debedores que se relacionan (expediente C-106-CD/67, conta 57, e 1 máis).

En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, en relación coa Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, notifícaselles aos interesados cos datos e domicilio (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por todo os medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos polas persoas relacionadas no anexo coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ao día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presentar os documentos e xustificacións que consideren convenientes ao seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos que se acordará no expediente de desafiuzamento ou, de ser o caso, execución hipotecaria, iniciado co presente documento, e que rematará co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 26 de xuño de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Pedro Botana Vilela e outros (Pedro Botana Miranda).

Expte. C-106-CD/67 (F.P. 78/12).

Conta: 57.

Praza de León, 4, bloque 3, P-4, 3º esqu. (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 135,50 € (50 recibos).

Anastasio Mella Nodar e herdeiros.

Expte. C-106-CD/67 (F.P. 83/12).

Conta: 39.

Praza de León, P-2, 4º esqu. (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 151,80 € (66 recibos).