Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27863

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 25 de xuño 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012.

Advertido erro na Resolución do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 123, do 28 de xuño de 2012, é necesario facer a seguinte corrección:

– Na páxina 25706, no artigo 9.3, onde di: «Cando os documentos exixidos nos puntos 1.b), c), d) e e)», debe dicir: «Cando os documentos exixidos nos puntos 2.b), c), d) e e)».