Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012 pola que se comunica á empresa Acería As Pontes, S.L. o o incumprimento total das condicións do expediente 99/0138/CO, relativo a axudas aos proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento da empresa Acería As Pontes, S.L., titular do expediente 99/0138/CO, relativo a axudas aos proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable (Orde do 7 de xullo de 1997, DOG nº 139, do 21 de xullo) que o 18 de abril de 2012 o director xeral do Igape acordou declarar incumpridas totalmente as condicións impostas na resolución de concesión da axuda e proceder á revogación da axuda concedida.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución de arquivo esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo máximo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica