Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Covelo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de residencia canina neste concello.

Iria Davila Romero solicitou a licenza de instalación da actividade de residencia canina sometida a avaliación de incidencia ambiental e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

O Covelo, 1 de xuño de 2012

José Costa Díaz
Alcalde presidente do Concello do Covelo