Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami.
Domicilio social: rúa Modesto Broncos 7, bloque 3, baixo, 15704 Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T. ao C.T. de Cogami en Medelo (Manduas).
Situación: Silleda.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 780 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 30 da L.M.T. LES 807 Paizás 7 de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no centro de transformación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) situado en Medelo, Manduas, concello de Silleda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 12 de xuño de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra