Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente V-2009/0162 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nº de recurso

Nº de expediente

Recorrente

Resolución do recurso

Recurso contencioso-administrativo perante o:

V-2009/0162

ES-P-0001/09

Rosa María Segade Avilés (rpdo.: comunidade de propietarios calle Irlanda, nº 3, bloque H1)

Estimatoria

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

V-2010/0552

15-Q-1466/04

Olga Fachal Soto

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña

V-2009/0381

36-U-0233/03

Pilar Balboa Gondar

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra

RA/VI/2011/00537

L09-RH-0206/11

José Manuel Novo López

Inadmisión a trámite

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo

RA/VI/2012/00020

36-Q-0383/05

Elvira Carpintero López

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra

RA/VI/2012/00043

36-Q-0635/05

Héctor Pérez Castiñeira

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra