Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27592

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de xullo de 2012 pola que se modifica a Orde do 2 de maio de 2012 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia.

Na Orde do 2 de maio de 2012 ( DOG nº 85, do 4 de maio), pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, figura no anexo II co número 2 o posto co código PR.399.40.801.15001.011 (páx. 16353 do DOG).

O posto número 2 está cuberto temporalmente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005, e continúa cuberto temporalmente de xeito continuado polo mesmo traballador que o desempeña na actualidade.

Mediante a Resolución do 22 de xuño de 2012 estímase a reclamación previa á vía xudicial social contra a Orde da Consellería de Facenda do 2 de maio de 2012, pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, en canto á oferta do dito posto.

Polo exposto, cómpre excluír do anexo II da citada orde o seguinte posto:

2

PR.399.40.801.15001.011

0.00

3 (094)

TÉCNICO AUXILIAR DE IMAXE E SON

PR

SECRETARÍA XERAL DE MEDIOS-SERVIZOS PERIFÉRICOS

CGAI
(A CORUÑA)

15001

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda